on 19 Novembro 2021
  • FABRICACIÓN DIXITAL. Laminador resina preparación de impresións

Cando: Martes 23 de novembro de 11:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Ferramentas dixitais para restauración e hostalería

Cando: Mércores 24 de novembro de 11:00 a 12:00 horas

INSCRÍBETE

  • Fotografía para xoiería

Cando: Mércores 24 de novembro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

  • Pinterest para e-commerce

Cando: Xoves 25 de novembro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

on 18 Novembro 2021

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que se ofrecen nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

INSCRICIÓNS:
Ata o 26/11/2021 ás 12.00 h.

REQUISITOS:
◾Ter 16 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2021 para matricularse nas probas de certificación do idioma que cursaran como primeira lingua estranxeira na ESO.
◾Ter 14 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2021 para matricularse nas probas de certificación de idiomas que non cursaran como primeira lingua estranxeira na ESO
◾Para matricularse nas probas de certificación dun determinado nivel non será necesario dispoñer do certificado do nivel ou niveis anterior(es)
◾Non estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.
◾O alumnado que xa realizou estudos nunha EOI en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola no curso 2021-2022 deberá indicalo coa solicitude de matrícula para solicitar o traslado de expediente.

🗺As probas de certificación administraranse nas sedes das EOI. Non se administrarán probas nas seccións. Consultar a circular para máis información.

MÁIS INFORMACIÓN:
🌐Consellería de educación: https://lnkd.in/dfiikhU2
🌐Inscrición: https://lnkd.in/d6ekvA73
🌐Circular 7/2021: https://lnkd.in/dRiVGJ8f

on 15 Novembro 2021

Interésache saber máis sobre formación e mercado laboral? 

FormandoFuturo darache as claves sobre 

🔸 Formación para o emprego, panca de transformación

🔸 Formación e desenvolvemento do talento

🔸 Dialogo social e formación

 

Do 16 ao 18 de novembro

Inscríbete: https://formandofuturo.fundae.es/

 

on 15 Novembro 2021

Dende COESCO poñen en marcha Curso para obter a Competencia Clave de Nivel 2 de Comunicación en Lingua Castelá, precisa para aquelas persoas que, non reunindo os requisitos académicos, queiran acceder a formación para a obtención dos Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.

Trátase dun curso gratuíto preferentemente para persoas en situación de desemprego, con posibilidade de solicitar axudas para a formación dependendo dos supostos.

Cursarase un total de 138 h. entre as seguintes datas e horario:

  • Inicio: 22/11/2021
  • Remate: 5/01/2022
    • Horario: 9:00 a 14:00 h.

Data convocatoria selección: 16/11/2021, as 10:00 h.

Poden contactar con COESCO ou achegarse polo centro, incluso presentarse o mesmo día da convocatoria a hora especificada.

Rúa San Paio, 21 – 36680 A Estrada | Tel. 986 572 025  -  667 703 711

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 12 Novembro 2021

Programa europeo de intercambios para mocidade emprendedora!
Estás a pensar en crear o teu propio negocio, ou ben acabas de facelo?
Ou quizais xa dirixes unha próspera empresa e gustaríache abrila a novos mercados, ou introducir novas ideas…
O Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora pode ser o que estás a buscar!

🎯O Erasmus para Mocidade Emprendedora é un programa de intercambios transnacionais que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países participantes.

📌O intercambio de experiencias prodúcese no marco de estancias con persoas empresarias experimentadas durante as cales os/as novos/as emprendedores/as poderán adquirir as habilidades necesarias para dirixir unha pequena ou mediana empresa. As persoas anfitrioas benefícianse dunha nova perspectiva sobre o seu negocio e adquiren a oportunidade de cooperar con socios estranxeiros ou coñecer novos mercados.

💁‍♀️A túa principal ligazón durante o Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora será o teu punto de contacto local. Estas entidades designadas pola Comisión Europea ofreceranche orientación ao longo do intercambio: axudaranche a presentar a solicitude e a establecer unha relación frutífera cunha persoa empresaria axeitada, ademais de resolver calquera dúbida.

👫Quen pode participar?
Novos/as emprendedores/as que están a planear seriamente crear o seu propio negocio ou que o fixeron no últimos 3 anos.
Empresarios/as experimentados/as que teñen en propiedade ou dirixen como socios/as unha pequena ou mediana empresa nos países participantes.

MÁIS INFORMACIÓN:
🌐Portal Erasmus Entrepreneur: https://lnkd.in/d755gX4D
🌐O teu punto de contacto local: https://lnkd.in/d2wff6vt

on 12 Novembro 2021
  • FABRICACIÓN DIXITAL. Debuxo con Onshape VI – Assembly II

Cando: Martes 16 de novembro de 11:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Infoprodutos II: deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores

Cando: Mércores 17 de novembro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

  • FABRICACIÓN DIXITAL. Impresoras de resina

Cando: Xoves 18 de novembro de 11:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Coñece as ferramentas de Google II

Cando: Xoves 18 de novembro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

 

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a info.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.