on 25 Febreiro 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Modalidades

1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2022.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2021/22.

O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022.

As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220225/AnuncioG0598-180222-0001_gl.pdf

on 22 Febreiro 2022

Dende COESCO poñen en marcha o Curso AFD para obter a Competencia Clave de Nivel 2 de Matemáticas, precisa para aquelas persoas que, non reunindo os requisitos académicos, queiran acceder á formación para a obtención dos Certificados de Profesionalidade de Nivel 2.

Trátase dun curso subvencionado para persoas en situación de desemprego, con posibilidade de solicitar axudas para a formación, dependendo de si se atopan en algún dos supostos que recolle a orde.

O curso dará inicio o 2 de marzo de 2022 e prolongarase ata o 8 de abril de 2022, en horario de 9 a 14.

Aquelas persoas interesadas en participar desta formación poden contactar con nós nos números de teléfono 986 572 025 ou 667 703 711 (tamén whatsapp).

on 18 Febreiro 2022

Inicia o programa formativo Medrando Xuntas, da Consellería de Emprego e Igualdade , e que xa vai pola súa sexta edición. 

O programa está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social e ten como finalidade promocionar o talento feminino nestas entidades, visibilizar as potencialidades da economía social para o seu desenvolvemento profesional e ofrecer un curso específico enfocado para apoderar as mulleres.

O programa conta con dous itinerarios diferentes:

Medrando Xuntas directivas, para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección.
Medrando Xuntas socias, para socias e traballadoras. 

En ambos os casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias. 

A formación é gratuíta e desenvolverase no primeiro semestre en modalidade mixta, presencial (se a situación sanitaria o permite) e dixital a través da plataforma ZOOM.

Tamén contará con titorías online individuais para a mellora do desenvolvemento profesional das participantes. Ao finalizar o programa desenvolverase o V Foro participativo aberto ás mulleres da economía social galega.

Toda a información relativa a ambas as dúas formacións pode consultarse na páxina web da Rede Eusumo, nesta ligazón https://lnkd.in/dCFV6Dfe

As inscricións poden realizarse a través de:
Formularios web (para directivas https://lnkd.in/dHzUJ-2i e socias https://lnkd.in/desHih77)
No enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
No teléfono 605 545 606. 

O prazo para inscribirse remata o 21 de febreiro de 2022.

on 18 Febreiro 2022

Blockchain, que é e como funciona

Cando: Luns 21 de febreiro de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Audio márketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast  

Cando: Martes 22 de febreiro de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Crea unha campaña de email márketing con MailChimp

Cando: Mércores 23 de febreiro de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Así funciona Whatsapp Business

Cando: Xoves 24 de febreiro de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Blockchain e criptomoedas

 Cando: Xoves 24 de febreiro de 18 a 19 horas

INSCRÍBETE

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

!! FORMACIÓNS EN LIÑA E TOTALMENTE GRATUÍTAS!!!

on 17 Febreiro 2022

lnclue 51 accións formativas que incidirán en:

RELEVOXERACIONAL

VISIBILIDADE DAS MULLERES

APLICACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS

INNOVACIÓN NO MEDIO RURAL 

 

Toda a información: https://www.mapa.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/el-ministerio-de-agricultura-pesca-y-alimentaci%C3%B3n-impulsa-la-formaci%C3%B3n-como-herramienta-de-modernizaci%C3%B3n-en-el-medio-rural/tcm:30-592475#prettyPhoto

on 17 Febreiro 2022

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2022

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220217/AnuncioO150-240122-0001_gl.pdf