ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208)

23. 10. 09

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA  A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208), conducente á obtención do Certificado de profesionalidade de nivel 2

A través deste curso, os alumno/as obterán a titulación requirida para exercer as ocupacións de xerocultor e coidador en residencias e centros de persoas dependentes.

Trátase de un curso 100% subvencionado, no que teñen prioridade as persoas en situación de desemprego e que cumpran os requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2.

O lugar de realización será en COESCO SLU, centro situado na Rúa San Paio 21 – Baixo. A Estrada.

O inicio está previsto para principios de novembro, prolongándose a súa duración ata a primeira quincena de marzo.

En total son 468 horas de duración, entre os módulos propios do curso, o módulo de prácticas en residencias e os transversais.

Aquelas persoas que estean interesadas ou queiran mais información, poden contactar con nós nos teléfonos 986 57 20 25, no 667 703 711, a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou de forma presencial no noso centro.