1º ENCONTRO DE VOLUNTARIADO

23. 10. 06

O vindeiro 28 de outubro a Hospedería de San Martin Pinario, en Santiago de Compostela,  acollerá o 1º Encontro de persoas voluntarias; unha xuntanza na que queremos coñecer a verdadeira fórmula da solidariedade!

Dinámicas, foros e mesmo unha xincana solidaria van ser as protagonistas deste día no que queremos contar coa túa participación para levar o espírito voluntario por todo o noso Movemento Asociativo. Preme nesta ligazón e descarga o programa ao completo. 

PRAZOS E PERSOAS DESTINATARIAS

Este encontro está dirixido a todas as persoas voluntarias e responsables de voluntariado das nosas entidades, pero tamén a aquelas persoas interesadas en facer voluntariado pero que aínda non se animaron a dar o paso. 

O prazo de inscricións estará aberto ata o vindeiro 20 de outubro. Podedes acceder ao formulario de participación seguindo esta ligazón.