FORMACIÓN

23. 09. 15

Apúntate á formación gratuíta sobre discapacidade intelectual dirixida a axentes públicos e comunitarios!

Queres coñecer mellor a realidade da discapacidade intelectual? Gustaríache saber que é a accesibilidade cognitiva ou a desinstitucionalización?

Podes facelo de forma gratuíta, grazas á Plataforma de Formación dirixida a Axentes Públicos e Comunitarios que pon a túa disposición o movemento asociativo de Plena inclusión. Esta oferta formativa xorde no marco do Proxecto Transformación Dixital para a Inclusión, unha iniciativa apoiada polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiada polo Fondo Europeo de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

Nos 8 cursos que poñemos a túa disposición, aprenderás sobre temas de gran interese como:

  • Coproducción (10 horas)
  • Currículo Multinivel: la herramienta para enseñar en aulas heterogéneas (15 horas)
  • Discapacidad intelectual y del desarrollo (10 horas)
  • Discapacidad intelectual: trabajando en las administraciones públicas (7 horas
  • Inclusión Educativa: una tarea de todos/as (15 horas)
  • Introducción a los trastornos del espectro del autismo (10 horas)
  • Lectura Fácil (10 horas)
  • Sistemas Alternativos de comunicación (15 horas)
  • Coproducción (10 horas)
  • Currículo Multinivel: la herramienta para enseñar en aulas heterogéneas (15 horas)
  • Discapacidad intelectual y del desarrollo (10 horas)
  • Discapacidad intelectual: trabajando en las administraciones públicas (7 horas)
  • Inclusión Educativa: una tarea de todos/as (15 horas)
  • Introducción a los trastornos del espectro del autismo (10 horas)
  • Lectura Fácil (10 horas)
  • Sistemas Alternativos de comunicación (15 horas)

A formación comeza en setembro e vai dirixida a axentes públicos e comunitarios que desexen completar a súa formación para ofrecer un valor engadido ao seu traballo.

Accede ao formulario de inscrición: https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2902692