OBRADOIROS GIRL STEAM ORGANIZADOS POLA AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA E O COLOXIO PROFESIONAL DE ENXEÑEIRIA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE GALICIA

23. 06. 12

Obradoiros Girl Steam

Os días 20 e 21 de xullo das 10:00 ás 13:00 horas na Aula Cemit da Estrada (sita no 1º andar do edificio da Casa da Música na Avda Benito Vigo nº 94)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) obradoiros prácticos de experimentación tecnolóxica no marco da iniciativa Girl STEAM.

Trátase de impulsar actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas.

· O formato será presencial

· Os obradoiros faranse por grupos de idade:

o Grupo 1: de 8 a 11 anos

o Grupo 2: de 12 a 15 anos

· Cada grupo terá 3 horas de obradoiro

· Número máximo de participantes por obradoiro será de 15 persoas.

Grupo 1: 8 a 11 anos

Levarase a cabo unha actividade por equipos que terá como produto final unha peza audiovisual en formato stop motion. Partirase dun circuíto de luces led elaborado polo grupo que sirva de base para elaborar o miniguión e construír a historia con fotogramas que se editará para a presentación final do traballo.

Grupo 2: 12 a 15 anos

Levarase a cabo unha actividade na que se experimentará coa creación de tecidos intelixentes. As rapazas e rapaces aprenderán a programar sensores con Arduino para construír, por grupos, un proxecto sobre unha prenda textil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación, etc.

 

Curso                                                                                       Prazas totais                           Data                        Hora de inicio                         Hora de fin

Obradoiros Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos                     15                              20/07/2023                        10:00                                    13:00

Obradoiros Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos                   15                              21/07/2023                        10:00                                    13:00

 

Inscricións na web https://cemit.xunta.gal/. (Data límite inscripción: 19 de xullo ás 14:00 horas)

Para calquera dúbida contacten coas oficinas de aestradadixital sitas na Avda Benito Vigo nº 94 Baixo no teléfono 986570997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.