ACCECE Á LISTAXE DE CURSOS AFD QUE PODES FACER ESTOS MESES

21. 02. 17

Neste buscador podes consultar as ofertas de formación publicadas e promovidas por Emprego Galicia a través de diferentes convocatorias de axudas, convenios e outros instrumentos de financiamento, de tal xeito que todas as accións formativas que presentamos son totalmente gratuítas.

No detalle de cada acción formativa podes consultar a información máis relevante en relación con: especialidade, contidos, nivel de certificado profesional, data de inicio prevista, horario, modalidade de impartición, localidade, centro de formación e datos de contacto do mesmo.

Tendo en conta que en moitas das convocatorias as entidades ou empresas que imparten a formación poden optar pola selección directa do alumnado, se tes interese en solicitar unha acción formativa e cumpres os requirimentos, podes:

1- Solicitala a través da oficina virtual, a través do persoal de orientación, ou na túa oficina de emprego, para o caso de que a selección se realice por sondaxe xestionada por esta última e/ou,

2- Poñerte en contacto co centro de formación, no caso de que esta entidade teña optado pola selección directa das persoas participantes.

https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-formacion.html

CURSOS AFD A ESTRADA:

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO EN ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS

TRABALLOS DE CARPINTERIA E MOBLE

XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS