FEMXA ORGANIZA CURSOS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS A PERSOAS DESEMPREGADAS, 100% SUBVENCIONADOS POLA XUNTA DE GALICIA

22. 06. 14

Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social, polo que non representa custo algún para as persoas participantes, nin para as empresas, xa que non se restan créditos de formación.

Os cursos en liña que aínda contan con prazas dispoñibles, son os seguintes:

  • Inglés. Restauración (120 horas)
  • Estratexias de servizos. Calidade e orientación ao cliente (110 horas)
  • Comercio na internet. Optimización de recursos (100 horas).

Os cursos terán os seus últimos inicios en xuño e a inscrición manterase aberta ata esgotarse as prazas. As persoas interesadas na formación poden solicitar praza desde a páxina: https://www.cursosfemxa.es/FormacionGalicia

Máis información: .​986 493 464 Ext. 4026