AGASP CONVOCA CURSOS DE ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA AO SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS E EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS, PARA LICENCIADOS/AS EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA OU DO DEPORTE E TÉCNICOS/AS SUPERIORES (.......)

21. 02. 08
 

Academia Galega de Seguridade Pública
RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a
formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Destinatarios/as
a) Licenciados/as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
b) Técnicos/as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas

Requisitos xerais:
a) Estar en posesión do título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas
b) Non atoparse inscrito de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O prazo de inscrición será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210208/AnuncioO3C2-260121-0002_gl.pdf