IES MARCO DO CAMBALLÓN IMPARTE CICLO MEDIO DE ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA E XESTIONA PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DA TITULACIÓN CORRESPONDENTE DAS TRABALLADORAS/ES ASÍ COMO DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA ARA(VILA DE CRUCES)

22. 05. 02
O IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, en Pontevedra da a coñocer o ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia que se imparte no seu centro.
Ademais da ensinanza en réxime ordinario tamén teñen as probas libres para que as traballadoras e traballadores poidan examinarse por libre das diferentes materias e poder obter a titulación correpondente.
 
Xunto con estas probas estase a desenvolver tamén o programa ARA ( avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias) para acreditar as diferentes profesionais do sector, sobre todo xerocultoras/es e auxiliares de atención a domicilio, a súa experiencia profesional, e deste xeito ter acceso tamén a certificar a súa formación. 
 
 
Aclaracions importantes:
  • Acceso por traballo: durante os últimos 15 años; deben cumplirse todos os requisitos:
    • Nivel 1 (cualificacións limpeza):  mínimo 2 anos traballados, cun mínimo de 1200h e 730 días cotizados
    • Nivel 2 ou 3 (dependencia): mínimo 3 anos traballados, cun mínimo de 2000 h.e 1095 días cotizados 
  • Acceso por formación: calquera formación NON REGRADA/NO OFICIAL, que se poida acreditar nos últimos 10 anos.

http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita