GENERATION SPAIN E VERIZON OFRECEN CURSO GRATUITO "ROBOTIC PROCESS AUTOMATION"

21. 02. 03
 

Este curso pretende desenvolver un coñecemento no ámbito dos sistemas de automatización de procesos para implementar sistemas de software intelixentes nas empresas, é un programa enfocado ao emprego, no que a persoa candidata adquirirá todas as habilidades técnicas e profesionais necesarias para incorporarse a un equipo de automatización de procesos.

Requisitos: ter entre 18 e 36 anos e estudos mínimos de Formación profesional superior ou Universidade.

A duración do programa é de 14 semanas nunha modalidade virtual e adquírese un diploma ao finalizar a formación.

Inscríbete: https://spain.generation.org/nacional/robotic-process-automation