IGAPE CONVOCA O CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2022

22. 04. 18

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2022, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se convoca para o ano 2022 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG650A)

Esta resolución ten por obxecto convocar o concurso Eduemprende Idea 2022, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos: Estar matriculado no curso 2021/22 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria lle corresponden á agrupación.

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior.

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica: 1º premio: 3.000 €.

2º premio: 2.000 €. 3º premio: 1.000 €.

2. Modalidade B: ciclos de grao medio.

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica: 1º premio: 3.000 €. 2º premio: 2.000 €. 3º premio: 1.000 €

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220411/AnuncioO92-310322-0001_gl.pdf