CONVOCATORIA DO PLAN DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO 2021 DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

21. 10. 18

Convocatoria do Plan de Formación de Voluntariado 2021 da Consellería de Política Social, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Persoas destinatarias: as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria.

Oferta formativa:

O voluntariado dende os centros educativos (20 horas).
N.º de prazas: 100.
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org .
Datas: do 15 de outubro ao 15 de novembro.

Educación e Voluntariado Ambiental (20 horas).
N.º de prazas: 100.
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org .
Datas: do 22 de outubro ao 22 de novembro.

As competencias do voluntariado: Un valor á alza (20 horas).
N.º de prazas: 100.
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org .
Datas: do 2 de novembro ao 2 de decembro.

Curso de voluntariado. Nivel básico (20 horas).
N.º de prazas: 200.
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org .
Datas: do 16 de novembro ao 1 de decembro.

Inscricións:
◾ O número máximo de cursos que se poden solicitar do total dos ofertados durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a 2️⃣ .
◾ As prazas a cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
◾ Formulario: dispoñible no campus en liña da páxina web de voluntariado (www.voluntariadogalego.org): https://lnkd.in/d2ir5Q4R

Prazo: aberto ata cubrir as prazas ofertadas.

 Máis información: https://lnkd.in/d5XXw4VS