EGAP CONVOCA AS XORNADAS XII E XIII DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES)

21. 01. 19
 

Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas XII e XIII de formación práctica dixital (E-martes).

Contidos.
A XII e a XIII Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que terán lugar os vindeiros martes, 2 e 16 de febreiro, abordarán o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: martes, 2 e 16 de febreiro de 2021.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas cada xornada.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
• Para a XII Xornada E-martes que se desenvolverá o día 2 de febreiro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 26 de xaneiro de 2021.
• Para a XIII Xornada E-martes que se desenvolverá o día 16 de febreiro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 8 febreiro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210119/AnuncioO150-130121-0001_gl.pdf