imprimir

Iniciativas locais de emprego (ILE)

21. 01. 27

A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio do Concello da Estrada ten a finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no noso municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais innovadores para o que promove e apoia as “Iniciativas locais de emprego” (ILEs) e as “Iniciativas de Emprego Rural (IER) perante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria. da Xunta de Galicia dispón dun programa denominado “Iniciativas locais de emprego” (regulado polo Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, publicado no DOG 18, do 27/07/2000; corrección de erros nº 24, do 4/02/2000), que apoia o financiamento de iniciativas innovadoras con efecto dinamizador de actividades económicas e de emprego.

lDECRETO 9/2000

TRÁMITES NECESARIOS PARA OBTER A CUALIFICACIÓN COMO ILE

Beneficiarios da cualificación como ILE:

Empresas privadas resultantes dos ditos proxectos, calquera que sexa a forma xurídica, que se constitúan como tales, nun prazo non superior a un ano, dende que o proxecto foi cualificado como ILE pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Requisitos dos proxectos para poder ser cualificados como ILEs:

-Viables técnica, económica e financeiramente.
- Xeradores de emprego estable.
- Apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial desta Comunidade autónoma con sede social e fiscal no seu respectivo territorio.
- Que ao constituírse, o cadro de persoal previsto non sexa superior a vintecinco traballadores, salvo que concorran razóns de interese social para o desenvolvemento dunha actividade en zoa determinada.
- Empresa privada de nova creación.
- Que a produción de bens e servizos este relacionada con actividades económicas emerxentes ou que, dentro dunha actividade tradicional na zona cobre necesidades non satisfeitas na estrutura existente.

Procedemento de cualificación como iniciativa de emprego:

1.- Poderán solicitar a cualificación como iniciativa de emprego os/as promotores/as de proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo de seis meses anteriores ao momento no que se formule a solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade.

2.- O Concello da Estrada, en calidade de entidade colaboradora, emitirá un informe razoado e documentado sobre a viabilidade do proxecto empresarial, detallando os aspectos técnicos, de produción e comercialización, así como a valoración sobre as distintas fontes de financiamento do proxecto.

Dito informe será aprobado en Xunta de Goberno Local ou por Decreto da Alcaldía.

3.- As solicitudes de cualificación como iniciativa local de emprego, local ou rural, dirixiranse á Consellería de Economía, Emprego e Industria, e presentaranse no modelo normalizado que figura no seguinte Anexo por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro:

ANEXO SOLICITUDE

4.- Cada solicitude deberá acompañarse da seguinte documentación:

a) Declaración do/a promotor/a ou, se é o caso, do/a representante da empresa de non ter iniciada a actividade empresarial.

b) Memoria explicativa de viabilidade do proxecto empresarial, detallando os aspectos técnicos de produción e comercialización, así como o plan de investimentos que se vaia realizar, con expresión detallada das fontes de financiamento.

c) Certificación da Adminsitración Pública colaboradora ( neste caso Concello da Estrada) na que se especifique de forma detallada e concreta a infraestructura, os instrumentos ou medios postos á disposición da persoa promotora para a execución e/ou xestión do proxecto.

d) Se é o caso, informe razoado e documentado da Administración colaboradora ( neste caso Concello da Estrada) sobre a viabilidade do proxecto empresarial ao que se refire o punto 2 do artigo 4 do Decreto 9/200, do 12 de xaneiro.

*Cando se achegue informe razoado e documentado da Administración colaboradora ( nete caso Concello da Estrada) non será preciso xunta-la memoria da letra b) anterior.

Cualificación como Iniciativa de Emprego Rural (IER):

Cualificaranse como iniciativas de emprego rural (IER), aqueles proxectos empresariais innovadores nos que, ademáis de reuni-los ditos requisitos concorran as seguintes características: estar integrados nun plan de actuación conxunto elaborado por un departamento sectorial da Xunta de Galicia e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, dirixido a dinamizar e consolidar o emprego e a actividade económica no medio rural galego,e apoiados polo departamento sectoral correspondente.

Tramitación para poder acceder ás axudas destinadas aos proxectos cualificados como ILE:

Para a obtención das axudas destinadas a proxectos coa distinción de ILE, previamente o proxecto debe estar cualificado como ILE ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Para poder obter dita cualificación é necesario cumprir os requisitos de ILE e achegar a documentación requirida, entre a que se atopa o apoio do Concello da Estrada como administración local de carácter territorial desta Comunidade autónoma. O apoio municipal consistirá na emisión dun informe económico de viabilidade do proxecto xunto co asesoramento na solicitude e información e sobre axudas vixentes, cooperación e apoio para axilizar trámites administrativos de competencia municipal para a súa posta en funcionamento e dar preferencia na concesión de axudas municipais á creación de empresas.

Estado do procedemento: Aberto todo o ano.

ENLACE Á CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA