VIVES EMPREGA TEO: NOVA EDICIÓN 2021 EN FORMATO "EN LIÑA"

21. 02. 05
 
VIVES EMPREGA TEO: NOVA EDICIÓN 2021 EN FORMATO "EN LIÑA"
 

Vives Emprega busca persoas candidatas para participar nun proxecto innovador dirixido a mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas en GALICIA, que desexen xerar oportunidades de emprego.

Esta edición do programa desenvolverase en modalidade “en liña” pola situación Covid19 nas localidades Santiago de Compostela, Teo, Sada, Vilagarcía e Pontevedra.
NOTA: non é imprescindible estar empadroado nos concellos mencionados, pero terán prioridade as persoas que residan nesas localidades polo que é interesante consultar vacantes disponibles.

REQUERIMENTOS BÁSICOS PARA PARTICIPAR:
• Ganas de participar e compromiso co programa.
• Situación de desemprego: Tódalas persoas participantes deben estar inscritas como demandantes de emprego na oficina de emprego da Xunta que lles corresponda por área xeográfica donde resida.
• Coñecemento do idioma español con nivel de lecto-escritura básico e competencias informáticas básicas.
• Si eres extranxeir@, ter permiso de traballo. Ao tratarse dun programa de emprego, é un requerimiento indispensable que as persoas participantes conten con permiso de traballo.
• Outras características sociolaborais para valorar a título individual co persoal técnico do programa.

  • CÓMO CHE AXUDA VIVES EMPREGA A ATOPAR TRABALLO?

Vives Emprega é un programa promovido por Acción Contra a Fame e financiado polo Fondo Social Europeo en colaboración con outras entidades, destinado a promover a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas para o emprego de persoas desempregadas, pondo en valor o seu talento e iniciativa para mellorar a súa situación persoal e o entorno que lles rodea.

  • EN QUÉ CONSISTE?

O proxecto consiste nun equipo de veinticinco persoas en desemprego que, de modo voluntaria e proactiva, organízase para impulsar a busca de emprego por conta allea.
O equipo será o que, co apoio constante da figura dunha técnica coordinadora que estará presente en tódalas sesións grupais e individuais, traballe para crear os pasos necesarios para atopar, de xeito máis eficaz, un emprego ou retomar estudos oficiais. A participación no programa é voluntaria e de balde, pero exixe un alto compromiso en canto á participación e asistencia durante todo o periodo de duración.

CÁLES SON LAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN?

  • Atención, asesoramento e seguemento individual.
  • Sesións grupais (pílulas formativas, obradoiros de expertos, dinámicas de grupo e traballo en equipo) orientadas á busca activa de emprego, dunha maneira moi práctica e entretida.
  • Contactos directos con empresas e obradoiros con responsables de recursos humanos.
  • Participación en foros, encontros e eventos.
  • Posibilidade de realizar formación certificada online.

Todo esto e moito máis para apoiarte a mellorar as competencias, atopar unha nova vocación ou reinventar e loitar por acadar os obxectivos das persoas partipantes.

CANTO DURA?
O programa Vives Emprega desenvolverase entre os meses de febreiro a maio deste ano, se ben cada seis meses inícianse novas edicións.

CÁNDO SE REALIZAN AS SESIÓNS?
As sesións grupais desenvólvense 2 veces por semana en sesións online (a través da plataforma Teams), complementándose con sesións de apoio complementarias e atención individual.

RESULTADOS:
O proxecto lévase desenvolvendo en Galicia desde o ano 2016 de xeito ininterrumpido con resultados moi aplaudidos a nivel de emprego e formación.

Pero hai máis!
Alén das cifras finais de inserción, o impacto do proxecto ten un efecto transformador a medio e longo prazo que permite aumentar estos resultados obtidos.

As persoas poden informarse nos teléfonos que aparecen no cartel ou inscribirse na web www.vivesemplea.org e poranse en contacto contigo á maior brevidade:

Marta Diz: 696 476 831 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Alejandro Martín: 682 700 162 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.