CONVOCATORIA DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA

21. 07. 12

Consellería de Política Social ORDE do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q).

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes modalidades:

a) Artes plásticas.

b) Banda deseñada.

c) Cociña.

d) Creación de videoxogos.

e) Danza moderna.

f) Deseño de xoias.

g) Fotografía.

h) Graffiti.

i) Moda.

j) Música.

k) Novela curta.

l) Poesía.

ll) Teatro.

m) Videocreación. 

Premios

Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €

Un terceiro premio de 1.000 €.

Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2021 agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210709/AnuncioG0425-300621-0001_gl.pdf