COÑECES A REDE EUSUMO?

21. 02. 03
 
COÑECES A REDE EUSUMO?
 
  • QUE É?

É unha rede de colaboración impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor e o apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

A través da Rede Eusumo:
• Foméntase o espírito emprendedor a través da fórmula cooperativa.
• Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
• Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego cooperativo.

  • QUE OBXECTIVOS PERSEGUE?

• Proporcionar información, formación, orientación e asesoramento no ámbito cooperativo e de economía social.
• Acompañar e asesorar proxectos empresariais cooperativos e de economía social.
• Promover e fomentar as TIC, así como a I+D+i.
• Apoiar a comercialización e a internacionalización das cooperativas.
• Reforzar a presenza de asociacións e empresas de economía social en redes de intercooperación de carácter nacional e internacional para a promoción do cooperativismo e da economía social.

  • EN QUE VOS PODE AXUDAR A REDE EUSUMO?

• Axúdavos a xerar a idea de negocio, así como o desenvolvemento desta.
• Asesóravos e acompáñavos nos vosos proxectos empresariais.
• Procúravos socios/as para formar o grupo promotor.
• Garántevos formación e información en cooperativismo e economía social.
• Facilítavos todo o apoio necesario nos trámites administrativos para constituír a vosa cooperativa (trámites de constitución, elaboración dos estatutos…).

  • ONDE PODEDES ATOPALOS?

A Rede Eusumo adáptase a vós...
1. Se queredes gozar dun asesoramento presencial, achegádevos aos seus centros cooperativos de atención permanente ou ás súas oficinas de fomento cooperativo, onde atoparedes o persoal técnico da Rede Eusumo disposto a asesorarvos en todo o que necesitedes.
2. Se o preferides, podedes solicitar o asesoramento en liña Eusumo, onde atoparedes o mellor asesoramento cooperativo adaptado ás vosas necesidades.
3. Ademais podedes inscribirvos no seu boletín e recibir semanalmente todas as novidades en relación á economía social.
4. Para calquera información que necesitedes tamén están en:
981 558 008


Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
http://www.eusumo.gal/