INICIO DE ACTIVIDADE DUNHA SOCIEDADE (DUE)

22. 09. 23

Se en lugar de iniciar a nosa actividade coma unha persoa autónoma decidimos constituír unha sociedade, neste caso de responsabilidade limitada, no DUE deberemos escoller esta opción:

DUE Alta empresa

Como podemos observar na captura, este primeiro paso de alta non é moi distinto ao de inicio de actividade dun autónomo ou ben a de outros tipos de sociedades. Tamén  podemos escoller o idioma galego para facer todo este proceso. Completamos os datos precisos e continuamos a dar a alta da empresa:

DUE dunha sociedade

Completando o DUE nos permite, igual que sucedera coas altas de persoas autónomas, indicar se imos ter persoas traballadoras ao cargo, o medio de notificacións para a Tesourería da Seguridade Social (por correo postal, electrónico) ademais de solicitar un teléfono de contacto e un correo da empresa:

Apartado traballadores do DUE

Tamén permite indicar se a empresa solicita unha licenza de apertura, trámite iniciado perante o concello onde radique o centro de traballo.

Indicación de licencia de apertura solicitada

Proseguindo co DUE, imos indicar as características do Centro de traballo da sociedade que estamos a dar a alta.  Ademais de indicar a(s) referencia(s) catastrais, os metros afectos á actividade. Nos sub apartados iranse despregando opcións para poder indicar tanto o CNAE, un ou varios, o IAE, un ou máis.

Apartado Centro de traballo

Seguindo nos menús do apartado de Centro de Traballo, podemos realizar a comunicación de apertura de centro de traballo ou mesmo solicitar a licencia de apertura. No seguinte vídeos poderás aprender o funcionamento das diferentes opcións:

solicitudes e comunicación de apertura de centro de traballo