imprimir

LEI DA DEPENDENCIA: COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL DAS PERSOAS COIDADORAS NON PROFESIONAIS

21. 05. 28

Dende o  1 de abril de 2019, o Estado paga a Seguridade Social das persoas coidadoras non profesionais de persoas dependentes.

O Estado paga ditas cotas á Seguridade Social a través do IMSERSO, que as abona directamente á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

As persoas coidadoras non profesionais que se atopan ao coidado dunha persoa dependente pero non están subscritas ao convenio especial, poden subscribirse sempre que cumpran os requisitos establecidos e acrediten que a persoa á que están a coidar xa era beneficiaria da axuda económica da Lei de Dependencia antes do 1 de abril de 2019.

Realizado este trámite (para o que o coidador/a ten un prazo de 90 días), o Estado aboará as cotas da Seguridade Social do coidador/a que correspondan desde o 1 de abril de 2019.

Quen pode subscribirse a este convenio especial?
Considérase coidador/a non profesional a aquelas persoas que coidan a unha persoa dependente á que están unidos por nexo conxugal ou de parentesco por consanguinidade, afinidade ou adopción, ata terceiro grao.

Con esta definición de base, pódense subscribir ao convenio especial todas aquelas persoas coidadoras non profesionais de persoas en situación de dependencia, que acrediten que a persoa á que coidan é beneficiaria dalgunha axuda económica regulada pola Lei de Dependencia.

Para subscribirse é indispensable que a persoa coidadora:

Bases de cotización do convenio especial: pódense elixir?


Segundo o establecido na Real Decreto-Lei 8/2019, a determinación da base de cotización vese influída por:

Así temos, por exemplo, que:

Nos casos nos que a persoa coidadora teña reducido a súa xornada laboral para compaxinar o traballo coa atención ao seu familiar dependente, sumarase a base de cotización da actividade laboral coa prevista para o convenio especial.

O resultado desta suma non poderá ser superior á base pola que se cotizaba cando se traballaba a tempo completo. Se se superase tal límite, reduciríase a base de cotización aplicable no convenio especial.

Como se solicita a subscrición ao convenio especial?

Se estás interesado/a en subscribirte a este convenio especial,  as solicitudes  debense presentar na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou nunha Administración da mesma, achegando a solicitude debidamente completada e a documentación necesaria indicada na devandita solicitude.

Accede ao contido completo do Real Decreto aquí: https://www.boe.es/buscar/pdf/2007/BOE-A-2007-9690-consolidado.pdf

Se precisas máis información pide cita para ser atendido/a pola Seguridade Social aquí