imprimir

FERRAMENTAS 2.0, CLAVES NA PROCURA DE EMPREGO

20. 10. 08

ferramentas20

OS PORTAIS DE EMPREGO:

Dentro dos portais de emprego temos principalmente, dous tipos, os que xestionan ofertas de emprego propias, e dicir captan as empresas interesadas en ofrecer emprego; e os que aglutinan ou centralizan ofertas de emprego doutros portais, neste caso cando atopamos unha oferta de interese, o habitual é que teñamos que darnos de alta no portal onde a oferta foi colocada orixinalmente.

Practicamente todos os portais de emprego comparten unhas características comúns máis alo das súas funcionalidades esenciais; sempre que nos deamos de alta en algún deles, precisamos:

A maioría dos portais de emprego, tamén comparten funcionalidades, sendo as máis habituais:

INSTITUCIÓNS DE ÁMBITO ESTATAL

O portal do SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) é o portal de referencia en canto ao emprego xa que dende esta estrutura estatal se deseñan algunhas accións e medidas que son executadas posteriormente nas distintas CC.AA. Como seguro xa sabes, o SEPE está adscrito, actualmente, ao Ministerio de Trabajo y Economía Social.

A páxina do SEPE (http://www.sepe.es/) está estruturada en tres grandes bloques de información:

Persoas:

Información relacionado coas distintas situacións sobre a solicitude e a obtención dunha prestación por desemprego. O apartado presenta exemplos de distintas situacións (ERE, traballadores e traballadoras do campo, victima de violencia, etc.) asi como a posibilidade de descargar os impresos necesarios ou realizar os trámites de xeito electrónico.

ACCESO

Destacan, neste apartado, as seguintes opcións:

- Catálogo de espcialidades formativas: que nos permite atopar centros homologados nos distintos certificados de profesionalidade.
- Certificados de profesionalidade: Información relacionada coas familias proesionales, normativa asociada aos certificados de profesionalidade.
- Certifica tu experiencia laboral: Facilitanos o acceos a plataforma RECEX para poder acreditar as competencias adquieridas durante o noso desenvolvemento profesional.

Una das opcións máis relevantes deste portal, as opcións que te recomendamos que revises en primeiro lugar son:

- Axencias de colocación: Acceso á rede de axencias de colocación que colaboran co servizo público de emprego.
- Orientación profesional: información sobre a carteira común de servizos do Sistema Nacional de Emprego e vídeos de axuda para a procura de emprego.
- EURES: Encontrar empleo en Europa: ofertas de emprego, proxectos e información dos diferentes países europeos.
- Emprego para persoas con discapacidade: Se queres coñecer que é o emprego con apoio, comeza por esta opción.
- Ofertas de traballo: ligazon especial ao portal de emprego empléate, aglutinador de ofertas de emprego dos distintos servizos de emprego das CC.AA. ademais doutros portais colaboradores. (Falaremos deste portal un pouco máis adiante).

Empresas:

Dende aquí podes consultar os modelos de contrato vixentes así como os distintos tipos de axudas dispoñibles e profesións de dificil cobertura.

ACCESO

Emprendedores e Autónomos:

Tes nesta opción, información para:

- Avaliar o teu perfil emprendedor.
- Elaborar un plan de empresa.
- Consultar as axudas dispoñibles para inciar a túa empresa.

ACCESO

Podes acceder directamente ao portal de emprego xestionado polo SEPE, dende https://www.empleate.gob.es. O funcionamento é moi sinxelo, terás que comezar na opción Crear conta (etiquetada como 1, na imaxe seguinte) e logo Alta persoa

Comprobarás que, a orde e un dos aspectos principais á hora de empregar espazos e ferramentas para a procura de emprego, ter toda a nosa documentación laboral ordenada e localizable é fundamental para poder especificar datas, funcións desempeñadas, nomes de empresas, etc.

Unha vez o CV da persoa interesada este de alta no portal, independentemente deste, é importante destinar un tempo a coñecer as principais ferramentas. No caso de empleate, estas son as súas funcionalidades principais:

INSTITUCIÓNS DE ÁMBITO AUTONÓMICO

Na nosa Comunidade é a Consellería de Emprego e Igualdade a responsable da función orientadora e baixo esta atopase o servizo público de emprego de Galicia (Emprego Galicia) que aglutina os servizos en materia de emprego dentro da nosa comunidade autónoma.

O portal do servizo público de emprego de Galicia, atópase na dirección https://emprego.xunta.gal e se estrutura nos apartados xerais seguintes:

Agrupa servizos relacionados coa procura de emprego e a formación relacionada.

Información e servizos de interese para as empresas, dende programas e incentivos para contratación de determinados perfís ata información máis detallada sobre as Oficinas de apoio ao empregdor ou a xestión de ofertas.

Especial información sobre as formas de emprendemento baseadas na economía social, o emprendemento de base tecnolóxica e o emprego autónomo. Ademais, atópanse recursos de axuda para as persoas emprendedoras.

Descrición do Servizo Público de Emprego de Galicia e as Políticas Activas de Emprego.

Acceso aos servizos electrónicos relacionados coa demanda de emprego, a orientación laboral e a formación para o emprego.

Dende este espazo, podemos empregar os servizos relacionados coa orientación e o emprego dende dúas perspectivas, a informativa, na que poderemos consultar a información, e a participativa, dende a que poderemos interactuar, de xeito persoal, cos servizos ofertados.

Revisamos en primeiro lugar os servizos dispoñibles (previa identificación) e aglutinados baixo a OFICINA VIRTUAL. Para empregar este servizos é necesario que a persoa demandante de emprego obteña un acceso privado (na súa oficina de emprego), xa que accederá a datos persoais relacionados coa súa actividade de procura de emprego. Tamén pódese acceder mediante DNI-e ou certificado dixital. Premendo no enlace OFICINA VIRTUAL, accedemos á pantalla de identificación.

Unha vez identificados, accedemos á unha pantalla intermedia de información sobre a Protección de Datos, a continuación, prememos na lapela Demandantes da parte superior da pantalla para acceder aos servizos asociados á nosa situación.

Na pantalla de servizos, podemos acceder e xestionar accións relacionadas con:

Se te fixas, esta é a opción que aparece marcada por defecto arriba a dereita, no bloque Datos persoais

Dende este bloque, ademais da posibilidade de renovar a demanda, podemos:

- Acceder e axustar algúns dos nosos datos persoais.
- Acceder aos nosos datos profesionais e engadir ou xestionar a información facilitada nalgúns dos bloques do noso historial profesional.
- Imprimir o noso Curriculo Viate, cos datos que temos facilitados ao SPEG. Esta información é fundamental para coñecer e completar os datos que forman parte das procuras de emprego das empresas interesadas.

- Mellorar a presentación do teu CV.
- Mellorar o teu proceso de busca de emprego.
- Pór en valor o teu CV e a túa candidatura.
- Ampliar as túas oportunidades laborais.

Ofertas de emprego: Un dos espazos clave do servizo, xa que dende aquí podemos buscar as ofertas de emprego activas da nosa provincia. Premendo sobre cada unha delas atoparemos unha pequena descrición, ademais dun botón para inscribir a nosa candidatura no posto ofertado. Fíxate no aviso de confirmación, xa que é necesario confirmar a dispoñibilidade, como persoa candidata, para que a túa candidatura sexa incorporada definitivamente á oferta.

Ademais de consultar as ofertas activas, podemos acceder ao noso historial de candidaturas, tanto activas, como xa pechadas.

Como noutros portais, de tipo privado, a Oficina Virtual de Emprego, tamén nos permite engadir ata 3 currículos diferentes para asocialos aos diferentes tipos de ofertas de emprego que sexan do noso interese, é unha oportunidade xa que podemos potenciar os noso currículo en función do tipo da necesidade principal da oferta.

Ademais de buscar cursos tamén podemos solicitar un curso concreto do catalogo de certificados de profesionalidade, atopar obradoiros de emprego ou realizar o seguimento dos cursos nos que temos realizada a pre-inscripción.

Se aínda non dispoñemos dun acceso persoal, podemos consultar a información dispoñible nesta páxina, dende a opción do menú principal, Demandantes, dende a que podemos acceder á algunha da información descrita anteriormente pero para poder inscribirse nunha oferta de emprego, pre-inscribirse nun curso, ou renovar a nosa demanda, seremos redirixidos á oficina virtual.

Non deixes de consultar a información relacionada cos certificados de profesionalidade e os outros servizos da Consellería a demandantes; dende este último, poderás acceder a informes do Instituto Galego das Cualificacións sobre o mercado laboral en Galicia.

- (Empresas) Xestiona ofertas

Información ás empresas dos recursos dispoñibles para realizar unha oferta de emprego a través do SPEG.

- (Empresas) Xestiona formación

Información relacionada coa formación con compromiso de contratación e as prácticas non laborais.

- (Empresas) Apoio á contratación

Información dos incentivos dispoñibles para fomentar a contratación de distintos tipos de perfís.

- (Empresas) Colectivos de interese

Información sobre a contratación de persoas incluidas nos colectivos de especial interese.

(Emprendemento)

Apoio ao emprendemento

Canle con información relacionada coas necesidades do colectivo emprendedor dende o que podemos obter información relacionada coa capitalización da prestación por desemprego, acceder a manuais e formacióne específica ou coñecer as Iniciativas Locais de Emprego (ILE) ou as Iniciativas de Emprego Rural (IER).

Economía Social

Unha das formulas para apoiar e potencia a colaboración como punto fundamenta dun proxecto empresarial. Dende este espazo se presentan os modelos de emprendmento cooperativo e as sociedades laborais.

Emprego autónomo

Acceso á Oficina Virtual do Emprego Autónomo, unha canle especial que a Consellería pon en marcha para apoiar este modelo de desenvolvemento profesional.

IEBT

Accións especiais relacionadas con ideas de negocio do ámbito innovador ou tecnolóxico.

PORTAIS DE EMPREGO XENERALISTAS

Revisamos as principais funcionalidades de Infojobs, un dos portais de emprego xeralistas que máis difusión teñen acadado actualmente.

É un dos portais considerados xeneralistas xa que as ofertas de emprego son de tipo horizontal, e dicir, non están centradas nun ámbito laboral específico.

O procedemento de alta da nosa traxectoria profesional segue as mesmas pautas que o portal xa referido (empléate) así que comentaremos algunhas das súas principais funcións a partires do noso rexistro neste portal de emprego.

- Novas ofertas relacionadas coas túas procuras.
- Número de empresas que atopan o teu CV no portal. Dende este bloque tamén podemos acceder aos nosos CV.
- Número de candidaturas activas, é dicir, número de candidaturas nas que te inscribiches e que seguen activas ou tiveron algún axuste na súa situación.

Ademais da alta, poderemos actualizar o noso CV, tanto en novas achegas sobre experiencia profesional, formación ou outros aspectos. Se te fixas, na columna da dereita podes actualizar a data do teu CV, unha forma de indicar que segues activo ou activa na túa procura de emprego>

PORTAIS DE EMPREGO PARA PERSOAS AUTÓNOMAS

O funcionamento destes espazos é diferente, respecto aos portais de emprego xeralistas, aínda que comparte os pasos de darse de alta e cumprimentar o noso historial profesional; ademais – algúns – permiten referenciar os nosos traballos para facilitar a decisións das empresas que ofrecen proxectos.

Nos portais para profesionais autónomos non se ofertan empregos, ofértanse proxectos e case todos seguen os mesmos patróns de funcionamento:

Ademais das funcionalidades propias deste tipo de portais, estes actúan como escaparate fronte a posibles contratacións xa que, como comentabamos temos a posibilidade de enlazar ou subir mostras das nosas creacións (obviamente en función da nosa actividade profesional).

Actualmente, en España, a plataforma referente e freelancer https://www.freelancer.es (que no ano 2016 comprou a española Nubelo, especializada en emprego para freelancers).

Podemos consultar o funcionamento do portal a través do enlace https://www.freelancer.es/info/how-it-works. Se a comparas co funcionamento do portal Twago, outro portal especializado en emprego autónomo, verás que son practicamente idénticos: https://www.twago.es/how-it-works/.

Twago é outro dos referentes en canto os servizos de emprego autónomo, de orixe alemán e cun ámbito de aplicación europeo (tamén comprou, no 2016, unha plataforma española adTriboo, centrada no emprego autónomo).

APPS PARA O EMPREGO

Algúns servizos de procura de emprego teñen asociada unha App móbil para estar ao tanto do que acontece sobre as ofertas de emprego nas que estamos inscritos ou sobre as alertas que temos definidas e que algúns dos portais de emprego nos permiten definir.

Habitualmente, as App actúan dun destes xeitos:

Esta son algunhas das apps actuais, (lembra que a actualización das apps é moi frecuente e por tanto algunhas das funcionalidades indicadas poden ter cambiado, desaparecido ou mellorado).

Infojobs: Dispón dunha aplicación para dispositivos IOS e Android, ambas de balde.

Permite localizar ofertas de traballo e inscribirse nelas, gardar ofertas do teu interese para unha análise posterior ou seguir ofertas de interese e compartilas a través de espazos sociais. Se tes activadas as alertas, calquera novidade sobre as túas candidaturas a recibirás no teu dispositivo móbil.

Eures: App creada pola Rede Europea de Ofertas de Emprego dende a que poderás acceder ás ofertas de traballo de toda Europa así como xestionar os trámites relacionados con cada unha das ofertas publicadas.

A app tamén permite localizar á túa "conselleira ou conselleiro eures" máis próximo para poder obter asistencia personalizada a través do posicionamento do teu dispositivo móbil.

Dispoñible para IOS e Android.

Jobandtalent: É unha app de recrutamento.

Dende a súa app, facilitan o desenvolvemento de todas as xestións administrativas relacionadas co proceso de contratación.

Job Today: App de procura de emprego que nos permite contactar de xeito directo coa empresa que publica a oferta mediante servizo de chat, de xeito que podemos coñecer os pormenores da oferta, dende o primeiro momento. Os obxectivos da startup creadora da app, son: simplificar o proceso de selección e contratación ao máximo posible e acadar que cada oferta estea cuberta en 24 horas.

MOBEM:  é unha aplicación que permite acceder aos servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) ás persoas demandantes de emprego, complementa os servizos ás persoas demandantes a través do seu dispositivo móbil xa que permite: renovar a demanda de emprego, consultar as datas marcadas na nosa axenda como demandante, modificar os datos de usuario, ou consultar a situación nas ofertas nas que sexamos demandantes.

É requisito para poder utilizar o MOBEM estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoa demandante de emprego e ter a demanda en situación administrativa de alta.

A aplicación está dispoñible para dispositivos IOS e Android

*Fonte: CIXUG