O goberno xa fixo públicos os prazos para SOLICITAR A AXUDA DE 200 EUROS 2023: O prazo abrirase o 15 DE FEBREIRO e extenderase ata o 31 de MARZO.
Serán beneficiarios/as dunha axuda, en pago único, de 200 euros de contía, as persoas físicas que durante o exercicio 2022 realizasen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou fosen beneficiarios da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2022 percibisen ingresos íntegros inferiores a 27.000,00 euros anuais, e tivesen un patrimonio inferior a 75.000,00 euros anuais ao 31 de decembro de 2022.
O cómputo de ingresos e de patrimonio efectuarase considerando os importes previstos no parágrafo anterior deste artigo de maneira conxunta co seu cónxuxe ou parella de feito rexistrada no rexistro de unións de feito da respectiva Comunidade Autónoma ou Ciudad Autónoma, con aquelas persoas que puidesen dar dereito a aplicar o mínimo por descendentes regulado na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, así como cos ascendientes ata segundo grao por liña directa que convivan no mesmo domicilio.
Para a determinación destas circunstancias atenderase á situación existente ao 31 de decembro de 2022.
Non obstante todo o anterior, non terán dereito á axuda quen, ao 31 de decembro de 2022, perciban o ingreso mínimo vital, ou pensións abonadas polo Réxime Xeral e os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado, así como quen perciba prestacións análogas ás anteriores recoñecidas aos profesionais non integrados no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos polas mutualidades de previsión social que actúen como alternativas ao réxime especial da Seguridade Social mencionado, sempre que se trate de prestacións por situacións idénticas ás previstas para a correspondente pensión da Seguridade Social.
A solicitude presentarase na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, enchendo o formulario electrónico que para ese efecto se poña a disposición pola mesma desde o 15 de febreiro ata o 31 de marzo de 2023 no que, necesariamente, deberá figurar a conta bancaria do titular da solicitude na que se desexe que se realice o abono.
Qué vas precisar para a tramitación? Estar rexistrado/a en CL@VE no caso de que non dispoñas doutros medios de identificación electrónica . É moi sinxelo, só tes que pedir cita nunha oficina da Seguridade Social ealí realizaranche todos os trámites.
No caso da Estrada podes facelo acudindo ás oficinas da Tesourería da Seguridade Social nas oficinas que teñen no centro do pobo (chegando ao novo centro de saúde) NON PRECISAS CITA PREVIA.
Desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botamosche unha man no toncante á información e a tramitación da axuda, podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas.
ACCESO Á SOLICITUDE: https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/GC61.shtml