RAZÓNS POLAS QUE EMPADROARTE NA ESTRADA

23. 03. 23

O Concello da Estrada activa a campaña de fomento do empadroamento “Contigo somos máis e mellores” co obxectivo de convencer a potenciais novos residentes das vantaxes de empadroarse na Estrada e concienciar á veciñanza das consecuencias negativas que tería para o municipio a perda da categoría de concello de máis de 20.000 habitantes.

Algunhas destas consecuencias serían a perda de autonomía municipal, a imposibilidade de optar a determinados fondos europeos, a baixada das aportacións económicas doutras administracións e a posible redución e merma de servizos públicos.

Se empregasemos termos deportivos viría ser algo así como; deixar de xogar en primeira división para facelo en terceira. 

Coñeces A ESTRADA???

Sabías que....

- É o municipio con mais núcleos de poboación de España, conta con 473 repartidos en 51 parroquias.

- Que se atopa a só 20 minutos de Santiago e Vilarcía de Arousa e a escasos 30 de Pontevedra.

SABES QUÉ SERVIZOS SE PRESTAN NA ESTRADA precisamente por ser considerado un municipio grande, o que che permite non ter que desprazarte e ademáis fai que persoas de concellos menores se teñan que achegar ao noso para a realización de determinada burocracia, o que a súa vez repercute no comercio; a hostalería; o tecido empresarial.... ?

- Na Estrada préstanse todos os servizos administrativos:
a) Temos OFICINA DE EMPREGO E SEPE
b) Temos dúas delegacións da SEGURIDADE SOCIAL
c) Temos DOUS XULGADOS
e) REXISTRO CIVIL
d) CENTRO DE SAÚDE con atención mañá e tarde
e) PAC
f) Oficina da AGRARIA
g) REXISTRO DA PROPIEDADE
h) Sede galega do 112
i) ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
k) MERCADO DE ABASTOS

l) Serizo de PROTECCIÓN CIVIL

m) Posto fixo da GARDA CIVIL

Alén dos SERVIZOS SOCIAIS E DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA:
a) DÚAS ESCOLAS INFANTÍS PÚBLICAS
b) COLEXIOS PÚBLICOS TANTO NO RURAL COMO NO URBÁN
c) BIBLIOTECA
e) CONSERVATORIO DE MÚSICA
f) INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PÚBLICAS (piscina; cancha de tenis; paddel, pavillóns, campos de fútbul, Pista de baloncesto).
g) TRES INSTITUTOS (UN DE LES DE FP).
h) Unha RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE PÚBLICA e unha PRIVADA
i) Un CENTRO DE DÍA
k) Un ESPAZO CONCILIA

l) Escolas DEPORTIVAS con oferta en case todas as disciplinas 

m) Oficina do ORAL

O departamento de SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAL conta cun total de TRES UNIDADES DE INTERVENCIÓN para prestar axuda ao maior número de persoas. Temos un BANCO DE ALIMENTOS, que cobre as necesidades básicas da poboación con menos recursos. 

Durante o período non lectivo o Concello da Estrada presta servizos de CAMPAMENTOS, tanto no urbano como no rural, cunha cobertura tanto en horario de mañá como de tarde e cunha gran oferta de actividades. 

No eído EMPRESARIAL contamos con:

a) TRES POLÍGONOS INDUSTRIAIS

b) DOUS VIVEIROS DE EMPRESAS; un de titularidade MUNICIPAL e outro de titularidade PÚBLICA

c) Unha LIÑA DE AXUDAS PROPIA PARA O FOMENTO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL NA ESTRADA

d) Un DEPARTAMENTO DE EMPREGO MUNICIPAL para prestar apoio en todo o tocante ao asesoramento e apoio na creación de actividade empresarial

Ademáis temos:
a) CINE
b) TEATRO
c) A meirande parte de cadeas de SUPERMERCADOS (LIDL; Mercadona; GADIS; FROIZ; FAMILIA; DÍA; EROSKI)
e) Un montón de PEQUENOS COMERCIOS
f) Unha enorme oferta HOSTALEIRA
g) Casas de TURISMO RURAL
h) Rutas de SENDEIRISMO

i) A meirande parte de ENTIDADES BANCARIAS

k) Oficinas de entidades de prestación de SERVIZOS ELÉCTRICOS

Ata temos..... PRAIA!!!!! (Fluvial) 😉

A ESTRADA é unha GRAN OPCIÓN PARA VIVIR E VER MEDRAR A TÚA FAMILIA! Nestes intres precisámoste máis que nunca!!! por iso....

Se VIVES AQUÍ pero NON ESTÁS EMPADROADO/A: EMPADRÓATE!

Se TRABALLAS AQUÍ pero NON ESTÁS EMPADROADO/A: EMPADRÓATE!

Se COÑECES A ALGUEN nalgunha destas circunstancias, que NON ESTÁ EMPADROADO/A: DILLE QUE SE EMPADROE!

Se queres que A Estrada non vaia para abaixo....!!!! EMPADRÓATE!!!!

Se queres saber máis sobre a Estrada, preme aquí: https://venteaviviraunpueblo.com/pueblo/a-estrada/?fbclid=IwAR3rt72nKvO-ANpGiBnH03Sdq95l9PynbvgDmB6GmYi7WXxXvhKhj7FADtc

Realizar o trámite de padrón é moi sinxelo! se queres recibir máis información chama ao teléfono 986 570 030 ou 986 677 701