imprimir

AUGAS DE GALICIA ABRE PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE EXENCIÓN DO CANON DE AUGA E COEFICIENTE DE VERTEDURA PARA ESTABLECEMENTOS HOSTELEIROS , DE RESTAURACIÓN, LOCAIS DE LECER ETC

21. 02. 19

Augas de Galicia
RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2021 pola que se establece o modelo normalizado para a solicitude da exención no canon da auga e coeficiente de
vertedura establecida no artigo 4.2 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (código de procedemento AU231C)

Poderán solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura os titulares de consumos de auga nos seguintes establecementos, nos supostos en que visen diminuída significativamente a súa actividade:
a) Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares.
b) Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.
c) Hoteis e aloxamentos turísticos.
d) Albergues turísticos.
A acreditación desta circunstancia realizarase mediante declaración responsable contida no anexo de solicitude.

O período de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura é o comprendido entre o 5 de novembro de 2020 e a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020, ambas as datas incluídas.

No caso de que non dispoñan de contador, os solicitantes deberán presentar unha solicitude por cada período de facturación onde o contribuínte considere que cumpre os requisitos de diminución significativa de actividade durante todo o período de vixencia da exención.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210219/AnuncioO143-180221-0001_gl.pdf 

ENLACE PARA A SÚA TRAMITACIÓN TELEMÁTICA: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AU231C&ano=2021&numpub=1&lang=gl

ENLACE PARA DESGARCAR OS FORMULARIOS  E PRESENTALOS PRESENCIALMENTE (podes facelo nas oficinas dos rexistros dos concellos): https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13472623