XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASESB, C E D DA MOCIDADE GALEGA DIRIXIDAS AS PERSOAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

22. 10. 27

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS321A)

Gasto subvencionable e contía da axuda

O gasto subvencionable é a suma a tanto alzado de obtención dos permisos de con‑ dución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B; de 650 euros para o permiso de clase C e de 1.300 euros para o permiso de clase D.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axu‑ da para a obtención de dous ou dos tres permisos obxecto da orde.

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permi‑ sos de clase C e D, e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/os carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo recollido no artigo 5.d).

b) O/os certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida no artigo 5, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano. A concorrencia dos demais requisitos esixidos no artigo 5 será obxecto de comproba‑ ción automática, conforme se recolle no artigo 9.

c) Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación para a obtención do/dos permiso/s de conducir obxecto da solicitude).

d) Anexo III (cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultado inmediato).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O prazo abre o XOVES, 29 DE SETEMBRO DE 2022

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220928/AnuncioG0657-150922-0003_gl.pdf

NOTA:

* DEBES TER A CHAVE 365 OU CERTIFICADO DIXITAL

* DEBES ESTAR REXISTRADO/A EN GARANTÍA XUVENIL. SEN NON O ESTAS FAINO AQUÍ: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action

*DEBES SER TITULAR OU COTITULAR DUN NÚMERO DE CONTA BANCARIO

LIGAZÓN DIRECTA Á SOLICITUDE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS321A&ano=2022&numpub=1&lang=gl

Se tes calquera dúbida desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man, podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte directamente polas nosas oficinas en horario de 9.00 a 14.00 horas.