imprimir

PRÓXIMAS CITAS SMARTPEME NA ESTRADA

24. 03. 26

SmartPeme  prestar servizo de asesoramento e axuda na Estrada, no Viveiro de Empresas do Concello de A Estrada, edificio Novo Mercado, 1ª planta.

QUE É SMARTPEME?

Unha rede de oficinas situadas nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidas por persoas asesoras especialistas,  onde se presta un servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial.

CALES SON OS SERVIZOS?

Smartpeme comezou no ano 2016 como un servizo de asesoramento no uso das TIC ao tecido empresarial. 
A necesidade de seguir axudando ás empresas da provincia xerou a aparición de novos servizos que consolidan e impulsan a rede.
 
Asesoramento individualizado: ofrécese asesoramento personalizado baseado no uso das Novas Tecnoloxías no eido empresarial, distinguindo entre diferentes bloques: presenza 2.0, imaxe, software de xestión e ferramentas ofimáticas.
 
Smartpeme Impulsa ofrece asesoramento e capacitación na mellora da competitividade global dos negocios. As temáticas que se abordarán coincidirán coas  necesidades máis relevantes para toda empresa en materia de crecemento empresarial, innovación e internacionalización.
 
Centro Provincial de Economía Dixital: situado en Barro-Meis e apoiado nas instalacións do FabLab que a Deputación ten no viveiro de empresas. O centro xorde co obxectivo de dar a coñecer as solucións tecnolóxicas máis novidosas no eido empresarial, entre as que se engloban impresión 3D, robótica, Big Data e realidade aumentada, entre outras.
 
TurisTIC, enfocado no asesoramento tecnolóxico específico para o sector turístico, dada a relevancia que ten o sector na provincia. Busca axudar a mellorar o uso e a adaptación dixital das empresas do sector, dotándoas de ferramentas para mellorar a súa competitividade e eficiencia. 
 
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todas as pemes, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra que desexen mellorar a eficiencia, produtividade e competitividade dos seus negocios

As visitas serán os segundos e últimos mércores do mes en horario de 9,00 a 14h. Se queres axendar a túa cita, aquí che mostramos as seguintes visitas:

PRÓXIMOS DÍAS DE VISITA EN A ESTRADA

Se necesitas axuda referida a:

Reserva a túa cita na seguinte ligazón: https://calendly.com/smartpeme_lalin/asesoramento-tic?back=1&month=2023-01

MEDIO DE CONTACTO:

Tlf: +34 886 202 020
Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Información completa: https://smartpeme.depo.gal/que-es-smartpeme;jsessionid=49C2319BADB1F6AF5E1668DFE96F0A09