imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA ÁS PERSOAS CONSUMIDORAS SEVERAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PARA O ANO 2022

22. 09. 21

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).

Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas de electricidade (calculado segundo o establecido no artigo 12 do Real decreto 897/2017), correspondentes á vivenda habitual do solicitante acollido ao prezo voluntario ao pequeno consumidor (PVPC) para consumidor vulnerable severo (bono social do 40 %), que estean pendentes de pagamento e emitidas entre os dous meses anteriores á data da solicitude e o 30 de novembro de 2022 por unha comercializadora de referencia (COR) que teña asinado un protocolo de colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para evitar os cortes de subministración.

A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300 €/ano, ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Persoas Beneficiarias:

1. Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.

2. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo, e ademais estean en risco de exclusión social, debendo estar esta situación acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.

3. Os requisitos que deben cumprir os/as beneficiarios/as da axuda son:

a) Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica.

c) Ter contratado o prezo voluntario ao pequeno consumidor (PVPC) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos. d) Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2022.

INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220112/AnuncioG0596-201221-0003_gl.pdf

ESTA AXUDA SERÁ TRAMITADA POLO DEPARTAMENTO DE EMPREGO DO CONCELLO DA ESTRADA. PODES PASARTE POLAS NOSAS OFICINAS SEN NECESIDADE DE CITA PREVIA EN HORARIO DE 9.00 A 14.00 HORAS. TAMÉN NOS PODES CHAMAR PARA MÁIS INFORMACIÓN AO TELÉFONO: 986 677 740