O GOBERNO PON EN MARCHA O PROGRAMA "ACTIVA STARTUP" QUE OFRECE ÁS PEMES AXUDAS DE 40.000 EUROS PARA MELLORAR A SÚA INNOVACIÓN

21. 12. 22
O obxectivo deste programa é o desenvolvemento de proxectos de colaboración entre pemes e startups, que sirvan para impulsar o seu crecemento empresarial.
 
As axudas, en forma de subvención, permitirán ás empresas facer fronte aos custos derivados do proceso de innovación.
 
A Fundación da Escola de Organización Industrial (EOI), adscrita á Secretaría Xeral de Industria e PEME, será a encargada de xestionar o investimento previsto para as convocatorias “Activa Startups”, que ascende a 44 millóns de euros procedente do fondo do mecanismo de Recuperación e Resiliencia e teñen un obxectivo de apoiar a 11.100 pemes antes do fin de 2023.
 
As actuacións susceptibles de financiamento serán proxectos de innovación en materia de transformación dixital, desenvolvemento e incorporación de tecnoloxías emerxentes, transformación cara a unha economía baixa en carbono ou incorporación da economía circular no modelo de negocio da peme.
 
As tipoloxías de actuación poderán ser calquera das seguintes:
 
a)Proxectos para a xeración de innovación a través da resolución de retos tecnolóxicos de empresas, sectores, cidades e/ou misións que sirvan para romper brechas sociais, xeracionais, e territoriais.
 
b)Actuacións de asesoramento en materia de innovación no ámbito tecnolóxico, co obxectivo de dar resposta a retos expostos en empresas que buscan a innovación aberta mediante solucións baseadas en tecnoloxías disruptivas.
 
c)Actuacións encamiñadas a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes. d)Actuacións de demostración, adaptación e personalización de diversas tecnoloxías, probas e experimentación con tecnoloxías dixitais, transferencia de coñecementos e tecnoloxía, test de validación, probas de concepto, produción de prototipos etc.
 
Esta convocatoria de axudas está contemplada dentro do Programa de Capacidades para o Crecemento da PEME do Compoñente 13 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que ten unha dotación global de 101 millóns de euros ata decembro de 2023. Cada convocatoria regulará o ámbito xeográfico de aplicación concreto destas axudas nas que se prevé a participación das comunidades autónomas co obxectivo de impulsar a execución nas distintas rexións.