CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE FIXA AS DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2,3 E 4 PARA O ANO 2021

21. 10. 27

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021 (código de procedemento PL500C).

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

20 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L. 21 de novembro de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 27 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 28 de novembro de 2021, para todas as persoas admitidas.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211027/AnuncioG0598-151021-0001_gl.pdf