imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTOS POST COVID DOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS FINANCIADOS AO 100% NO MARCO DO EIXE REACT- UE

21. 10. 06

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en equipamentos post covid dos establecementos hostaleiros financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503E).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros mediante a realización de investimentos en equipamentos post covid.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.

Considéranse gastos subvencionables aqueles nos que incorrese a entidade solicitante ata o 30 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:

• Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados.

• Sistemas de chekin-in automáticos.

• Carteleira, rotulación, sinalética e actuacións vinculadas con esta.

• Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2 , ionizadores, dispensadores, etc.).

• Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos, etc.).

• Envoltorios e material dun só uso.

O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.

• Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza ordinaria.

• Novo equipamento de hixienizado e lavado.

• Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación.

• Equipamento multiservizo.

O importe máximo de subvención será do 90 % do investimento, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario/a.

Para os efectos destas axudas, considéranse dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais, albergues turísticos e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración, recollidos nos capítulos IV e V da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos/as que cumpran a condición de pequena empresa) do sector da hostalaría que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para resolver calquera dúbida podes contactar coa Xunta:

) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://turismo.xunta.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions

b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada e introducindo no buscador o código de procedemento.

c) O teléfono 900 81 53 34.

d) Enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211006/AnuncioG0256-041021-0001_gl.pdf