XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA O III PLAN DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLDORAS AUTÓNOMAS, PROFESIONAIS E EMPRESAS AFECTADAS POLA CRISE DO COVID-19: PROGRAMA III DE APOIO ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS OU EMPRESAS CON MÁIS DE 10 PERSOAS

21. 06. 11

Consellería de Emprego e Igualdade
EXTRACTO da Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas,
profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e as empresas, as persoas traballadoras autónomas con máis de dez persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2.000.000 de euros no exercicio 2020, ou empresas con mais de vinte e cinco persoas traballadoras que reúnan as condicións establecidas e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de máis dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40 % ou máis, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I Real decreto lei 5/2021.

b) Os demais requisitos establecidos nos artigos 6 e 7 desta orde.

Serán subvencionables os gastos realizados para:
– O pagamento da débeda a provedores e a outros acredores, financeiros e non financeiros.
– O pagamento da débeda derivada dos custos fixos.

Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
c) Os pagamentos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes será do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2021, ambos incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210611/AnuncioG0599-100621-0005_gl.pdf

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210611/AnuncioG0599-090621-0003_gl.pdf

REAL DECRETO- LEI 5/2021: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2021-3946