XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA O III PLAN DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLDORAS AUTÓNOMAS, PROFESIONAIS E EMPRESAS AFECTADAS POLA CRISE DO COVID-19: PROGRAMA I DE PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS EN ESTIMACIÓN OBXECTIVA

21. 06. 11

Consellería de Emprego e Igualdade
EXTRACTO da Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas,
profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e á redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e profesionais (de ser o caso, mutualistas) en réxime de estimación obxectiva que teñan o domicilio fiscal en Galicia e cumpran os seguintes requisitos:

Desenvolver unha actividade económica correspondente a un CNAE do anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19.

No caso de desenvolver una actividade económica nun CNAE non incluido no mencionado anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, deberá acreditar unha caída de volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente, dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.

Serán subvencionables os gastos realizados para:
– O pagamento da débeda a provedores e a outros acredores, financeiros e non financeiros.
– O pagamento da débeda dos custos fixos en que se incorreu.

Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2021, ambos incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210611/AnuncioG0599-100621-0003_gl.pdf

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210611/AnuncioG0599-090621-0003_gl.pdf

REAL DECRETO LEI 5/2021: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2021-3946