Dado que a día de hoxe falta man de obra cualificada, podemos atopar nesta modalidade de contratación a alternancia da formación e o emprego, ofrecendo ás empresas o aforro do custo da formación e o desconto do 100% dos gastos da seguridade Social.
A formación vai vinculada ao certificado de profesionalidade: Operacións Auxiliares de Albañilería Fábricas e Cubertas ( código EOCB 0208 )
Encaixarían os seguintes oficios:
- Colocador/a de prefabricados lixeiros (construción).
- Peón da construción de edificios.
- Operario/a de albanelería.
- Operario/a de cubertas.
- Axudante/a de albanel/a.
- Albanel/a tabiqueiro/a.
- Colocador/a de bloque prefabricado
- Peón especializado/a
REQUISITOS PARA OS/AS TRABALLADORES/AS
- Estar rexistrados como demandantes de emprego.
- Non ter título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecido como equivalentes, vinculados á actividade para a que se vai a realizar esta modalidade de contratación.
- Idade: entre 16 e 25 anos.
- Non esgotar a duración máxima noutros contratos anteriores de formación na mesma ocupación ou posto de traballo.
- Non ter vinculación coa empresa que o quere contratar nos últimos 6 meses e non desempeñar na mesma empresa o mesmo posto por un tempo superior a 12 meses.
DURACIÓN E IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN
Denominación: Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.
Duración: 11 meses.
Horas: un máximo de 40 horas mensuais (436 horas en total).
Lugar de impartición: Centro de Santiago de Compostela da Fundación Laboral da
Construción (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño),
15705 - Santiago de Compostela (A Coruña).
Persoas interesadas chamar ao teléfono 900 112 121
Persoas que queiran recibir máis información contactar a través desde enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.