XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS DA TARXETA BONO TURÍSTICO QUEDAMOS EN GALICIA

21. 04. 13

Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21, e se establece a súa convocatoria para o 2021 (código de procedemento TU985D).

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia21.
3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21, as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono turístico.

Características do Bono turístico #QuedamosenGalicia21
1. O Bono turístico #QuedamosenGalicia21 concíbese como unha tarxeta prepagamento de carácter persoal e intransferible, financiada entre o solicitante e a Administración autonómica. O importe total da tarxeta será financiado polo beneficiario nun 40 %, cun importe máximo de 200 euros, e contará cunha achega complementaria da Administración autonómica do 60 %, cun importe máximo por tarxeta de 300 euros.

A persoa solicitante poderá elixir entre tres importes da tarxeta prepagamento:
Importe total da tarxeta             Achega Administración         Achega solicitante
500 €                                                         300 €                               200 €
375 €                                                         225 €                               150 €
250 €                                                         150 €                               100 €

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución ata o día 1 de novembro de 2021 (incluído).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0256-070421-0001_gl.pdf