imprimir

CONCELLO DA ESTRADA: CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2020/2021

As axudas de apoio á escolarización dirixidas a familias en situación de dificultades socio-económicas contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.

A finalidade da convocatoria de axudas de apoio á escolarización é establecer un réxime compensatorio de carácter xeral destinado a colectivos con carencias de carácter socioeconómico, para potenciar as condicións de igualdade no acceso ao ensino financiado con fondos públicos, e ós seus servizos, a tódalas/os nenas/os empadroados no termo municipal da Estrada, evitando desigualdades derivadas da situación económica e/ou social, e apoiando ás familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, así como promover a conciliación da vida familiar e laboral, evitar situacións de risco, asegurar unha nutrición axeitada e facilitar o rendemento escolar.

O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2020/2021 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

— Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/as matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil

— Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil , primaria e secundaria obrigatoria.

Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo.

TIPOS DE AXUDAS

- Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para a 2ª etapa de Educación Infantil. No concepto de material escolar inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e as súas técnicas de aprendizaxe.

- Axudas para o pago do comedor escolar ( de setembro a xuño, ambos incluídos) para alumnas/os matriculadas/os nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria obrigatoria.

Serán destinatarias da convocatoria as unidades familiares empadroadas no Concello da Estrada que teñan menores ao seu cargo, escolarizados no curso académico 2020/2021 na segunda etapa de educación infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria nalgún centro de ensino público ou sostido con fondos públicos da Estrada.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao dia seguinte da publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra e permanecerá aberto ata o 20 días hábiles seguintes.

Bases: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/09/30/2020042505

Información: Sevizos Sociais. Podes chamar en horario de 9.00 a 14.00 horas ao teléfono 986 677 696