imprimir

CONCELLO DA ESTRADA: CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2021/2022

O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2021/2022 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

— Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/as matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil

— Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil , primaria e secundaria obrigatoria.

Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo.

TIPOS DE AXUDAS:

- Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para a 2ª etapa de Educación Infantil. No concepto de material escolar inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e as súas técnicas de aprendizaxe.

- Axudas para o pago do comedor escolar ( de setembro 2021 a xuño 2022, ambos incluídos) para alumnas/os matriculadas/os nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria obrigatoria.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao dia seguinte da publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra e permanecerá aberto ata o 10 de setembro de 2021.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/07/21/2021037476