Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
ORDE do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF319A e IF319B).
Actuacións que se subvencionan
1. As actuacións que se subvencionan son a adquisición de bicicletas novas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas (bicicletas de man, en diante) en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos técnicos e de equipamento:
a) Bicicletas novas con pedaleo asistido: i. Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance os 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas). ii. Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 Wh (vatios/hora). iii. Cadro ríxido (sen dobre suspensión). iv. Luz traseira e dianteira. v. Gardalamas dianteiro e traseiro completo. vi. Pata de cabra ou cabalete. vii. Cumprimento de norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC.
b) Bicicletas de man: i. Bicicleta de man nova, equipada cun motor con potencia máxima de 400 W, desmontable e con enganche automático nas rodas dianteiras da cadeira de rodas. ii. Guiador conectado á roda e ao motor. iii. Empuñadura ergonómica. iv. Freo de disco ou equivalente. v. Apoio de pé. vi. Timbre ou sistema de advertencia. vii. Sistema de iluminación dianteiro e traseiro. viii. Rango de dimensión das rodas: 8,5”-20”. ix. Velocidade máxima: 25 km/h. x. Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 Wh (vatios/hora). xi. Cumprimento coa normativa de fabricación da UE, EN12184 (Cadeiras de rodas con motor eléctrico, scooters e os seus cargadores. Requisitos e métodos de ensaio).
O prazo de presentación de solicitudes da axuda comezará o 1 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, e finalizará o 15 de novembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230505/AnuncioG0533-270423-0002_gl.pdf