IGAPE CONVOCA AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE MISIÓNS COMERCIAIS DAS PEMES E SE SELECCIONAN AS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPEN NA SÚA XESTIÓN

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Estas axudas son susceptibles de ser cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular:

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes.

Actuación 03.04.03.01: apoio á promoción da cultura da internacionalización, apoio ao incremento da presenza nos mercados exteriores, establecemento dunha estratexia de posicionamento internacional de Galicia aliñada coa Estratexia Horizonte 2020 da UE. Campo de intervención 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes.

Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

Actuacións e gastos subvencionables

1. Serán subvencionables as seguintes actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida en que participen un mínimo de dúas empresas aínda que só unha teña dereito a subvención por estas bases:

a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro), tanto en formatos presenciais como virtuais.

b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se leven a cabo no estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indudablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro. Tanto en formatos presenciais como virtuais.

A contía da axuda será dun 90 % sobre o importe dos gastos subvencionables.

Entidades colaboradoras

1. Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación galegas, que son corporacións de dereito público que se configuran como órganos consultivos e de colaboración coas administracións públicas, especialmente coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

2. As entidades colaboradoras serán as encargadas de programar, organizar e executar as actuacións e actuar de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións sinaladas no punto 3.1 destas bases.

O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia (código de procedemento IG422A).

O prazo de presentación de solicitudes de axuda (código de procedemento IG422B) iniciarase o día seguinte ao da finalización do prazo de adhesión das entidades colaboradoras e será dun mes, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230307/AnuncioO92-270223-0001_gl.pdf