imprimir

CONVOCAN AXUDAS ÁS SALAS PRIVADAS DE MÚSICA EN VIVO E ESPECTÁCULOS MUSICAIS (FONDOS FEDER 100%)

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21- 22, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT302D).

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas ou agrupacións de entidades privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao espazo económico europeo, propietarios, ou posuidores de calquera título válido en dereito, de espazos de exhibición musical privados, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente, coa correspondente licenza ou permiso municipal, para organizar espectáculos musicais en directo con público, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

O prazo para a presentación das solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220603/AnuncioG1097-200522-0002_gl.pdf