imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DE AXUDAS ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS (PLAN DE RECUPERACIÓN FONDOS NEXTGENERATION)

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

Actuacións subvencionables

1. De conformidade co establecido no artigo 43 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Conseguir unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 %; ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %; ou, no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.

2. Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.

3. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da presentación da correspondente solicitude.

O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nas vivendas que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder de doce meses, contados desde a data de notificación da resolución de concesión da axuda.

O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 euros.

O custo mínimo da actuación terá que ser igual ou superior a 1.000 euros por vivenda.

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 14 de outubro de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220303/AnuncioC3Q2-180222-0002_gl.pdf