CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS RELACIONADOS COA ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITIVINÍCOLAS PARA O PERÍODO 2019-2023

Consellería do Medio Rural

ORDE do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos relacionados coa elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2022 (código de procedemento MR361A).

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos recollidos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. Para estes efectos, entenderase como empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan actividades a título individual, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular. As comunidades de bens quedan incluídas na definición de empresa. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude. d) As organizacións interprofesionais.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza o día seguinte ao de publicación desta orde e remata o 31 de xaneiro de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0426-201221-0001_gl.pdf