Consellería de Facenda e Administración Pública
RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir nove (9) prazas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas correspondentes ás ofertas de emprego público dos exercicios 2018 e 2019, segundo se detalla:
– Oferta de emprego público do exercicio 2018, aprobada polo Decreto 160/2018, do 13 de decembro (DOG núm. 239, do 17 de decembro): cinco (5) prazas de acceso libre.
– Oferta de emprego público do exercicio 2019, aprobada polo Decreto 33/2019, do 28 de marzo (DOG núm. 67, do 5 de abril): unha (1) praza de acceso libre e tres (3) prazas do proceso de estabilización.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210618/AnuncioG0597-010621-0002_gl.pdf