imprimir

BOLSAS DE ESTUDOS DO MINISTERIO DE EDUCACION. NOVIDADES CURSO 2023-2024 (2)

23. 03. 17

O Consello de Ministro aprobou este martes (21/02/23) o Real Decreto de Limiares, que regula a convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024.

En total, o Goberno destinará un total de 2.520 millóns de euros, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades e que miles de estudantes poidan seguir formándose sen que as súas condicións socioeconómicas poidan ser un impedimento para iso.

Que tipos de bolsas e axudas ao estudo ofrece o Goberno para o curso 2023/2024?

Bolsa xeral para estudos universitarios:

- Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos (impartido por universidades públicas)

- Ensinos universitarios para títulos de grao e de máster. Están incluídos: estudos de grao e máster en centros universitarios da Defensa e da Garda Civil; créditos complementarios ou complementos de formación para acceder ou obter o título de máster ou grao. Non se inclúen nesta convocatoria de bolsas: estudos de terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización e títulos propios das universidades.

Bolsa xeral para estudos non universitarios:

- Bacharelato

- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados

- Formación Profesional de grao medio e de grao superior

- Ensinos artísticos: profesionais e superiores

- Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

- Ensinos deportivos

- Estudos relixiosos superiores

- Formación Profesional de Grao Básico

Axudas de apoio educativo. Están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

- Discapacidade

- Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe

- Trastorno do espectro autista

- Altas capacidades

Aumentan en 900 euros as bolsas para estudantes que estuden fora
Unha das principais novidades é o incremento de 900 euros nas bolsas de residencia para estudos postobligatorias. De modo que pasan dos 1.600 a 2.500 euros.
Esta medida, segundo o Goberno, beneficiará a uns 125.000 alumnos e alumnas, sobre todo aos de contornas rurais (a España baleirada) que deben desprazarse a outras localidades para poder estudar.
 
Poderán solicitala todos aqueles que cursos estudos postobligatorios como Bacharelato, Formación Profesional (FP), Grao e Máster, e a súa familia conte con baixos ingresos.
 
A contía fixa para bolsas para o estudo continúa sendo de 1.700 euros do solicitante; para a de residencia aumenta a 2.500 euros; 300 euros a bolsa básica e 350 para os que cursen ciclos de FP básica. Ademais dunha contía fixa ligada á excelencia académica entre 50 e 125 euros.
 
Axuda universal de 400 euros para os estudantes con discapacidade
Para a concesión de bolsas téñense en conta, a renda familiar, importe da súa matrícula, excelencia nos seus estudos ou a localización da súa residencia e a da súa vivenda familiar. Pero para a nova axuda de 400 euros para alumnos/as con necesidades educativas específicas ou subsidio universal, non se terán en conta.
 
Axudas para primaria e apoio educacitvo
Poderán solicitalos os/as alumnos/as que teñan cumpridos dous anos e atópense escolarizados en calquera dos niveis educativos non universitarios e acrediten unha discapacidade de polo menos o 33%, ou un trastorno grave de conduta ou da comunicación/linguaxe ou do espectro autista (TEA) ou ben sexan alumnos de altas capacidades.
 
O Goberno calcula que uns 240.000 alumnos perciban este novo subsidio.
 
O prazo de solicitude ábrese o LUNS 27 DE MARZO e cerrarase o MÉRCORES 17 DE MAIO
 
Se precisas axuda para a súa tramitación, desde o departamento de emprego do Concello da Estrada, como cada ano, botarémosche unha man.