imprimir

XA PODES SOLICITAR AS BOLSAS DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL DE ICEX ESPAÑA EXPORTACIÓN E INVESTIMENTOS, E.P.E. 48ª PROMOCIÓN

23. 03. 09
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo puxo en marcha as Bolsas Icex 2023 de internacionalización para formarte e traballar en comercio internacional.
 
O obxectivo destas bolsas é a realización dun Máster e a realización de prácticas.
 
As bolsas constan de tres fases que son as seguintes:
 
- Fase 0: na que 300 persoas realizarán un Máster universitario en Xestión Internacional da empresa (MBA in International Management) que impulsa o Icex e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
 
- Fase 1: 275 persoas realizarán prácticas na rede de oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior.
 
- Fase 2: cando se realizan outras prácticas en entidades ou organismos internacionais dos que España é membro.
 
O importe varía cada unha das fases do programa:
 
- Durante o período de estudo do Máster, o ICEX asumirá os custos do mesmo, excepto o prezo público, que se abonará directamente polo alumno/a.
O ICEX concederá unha dotación de 500 euros por beneficiario/a para afrontar gastos de aloxamento, transportes e manutención. Esta axuda pode elevarse ata os 2.000 euros nos casos de empadroamento distinto á Comunidad de Madrid desde, polo menos, 3 anos antes da data de publicación desta convocatoria.
 
- Na primeira fase de prácticas, as dotacións brutas individuais serán desde os 21.700 euros ata os 48.500 euros, dependendo da oficina de destino.
 
- A segunda fase de prácticas abonarase as cantidades seguindo o mesmo procedemento establecido para a fase anterior.
 
Requisitos:
Primeiro, é necesario ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea e nacer a partir do 1 de xaneiro de 1995.
 
En canto a titulacións, débese ter unha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso a estudos oficiais de Máster Universitarios de acordo con o establecido no Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro.
 
Tamén será necesario acreditar un coñecemento avanzado de inglés.
 
Non poderán solicitar esta bolsas quen xa fosen beneficiario da mesma en edicións anteriores ou gozar doutras axudas para a mesma finalidade.
 
Outros requisitos para ter en conta son os seguintes:
Ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros dela Unión Europea.
Non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa realización das actividades que constitúen o obxecto da subvención.
Non ter antecedentes penais.
 
O prazo de solicitude manterase aberto ata o 30 de marzo de 2023 ás 14:00 horas.