imprimir

DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA BOLSAS PARA PERFECCIONAMENTO DE ESTUDOS ARTÍSTICOS PARA O ANO 2023

23. 03. 06

O obxecto da presente convocatoria é a concesión de vinte e cinco bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2023-2024, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de audiovisual: 3 bolsas

Área de danza e artes do movemento: 3 bolsas

Área de ilustración, artes plásticas e visuais: 4 bolsas

Área de música: 12 bolsas

Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas

A finalidade das bolsas é a mellora das formación artística das persoas destinatarias, completando e actualizando os seus niveis formativos.

Os estudos artísticos realizaranse de xeito presencial fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

A dotación das bolsas é de 10.000 € cada unha delas e o seu importe total, 250.000 €, impútase á aplicación orzamentaria 0612/3262/481, na que existe crédito adecuado e suficiente.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/03/06/2023_0000001517.html