imprimir

MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE CONVOCA AS BOLSAS CULTUREX PARA PRÁCTICAS DE XESTIÓN CULTURAL EN ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS

22. 03. 17
O Boletín Oficial do Estado (BOE) do 17 de marzo de 2022 publica a convocatoria de bolsas Culturex de xestión cultural.
 
Estas axudas do Ministerio de Cultura diríxense a mozos/as españois para realizar prácticas en institucións culturais de excelencia no exterior e en representacións diplomáticas. 
 
A dotación mensual dependerá do destino no que se desenvolva a bolsa.
 
Para bolsas en Londres ou París, o importe bruto mensual será de 2.000 euros. No resto de destinos europeos, a dotación estableceuse en 1.750 euros, un total de 100 euros máis que en convocatorias anteriores.
 
Así mesmo, o Ministerio de Cultura e Deporte contratará un seguro de accidentes e de asistencia médica primaria para cada un dos bolseiros polo tempo de duración da bolsa.
 
Requisitos para solicitar as Bolsas Culturex
Para solicitar as bolsas é necesario ter menos de 35 anos, nacionalidade española, estar en posesión dunha titulación oficial de Licenciatura ou Grao universitario, e dunha titulación de posgrao dunha temática afín á xestión cultural. Ademais, cada solicitante deberá acreditar un nivel mínimo de B2.
 
O prazo de solicitude das bolsas estenderase durante 20 días hábiles a partir da súa publicación no BOE.