FUNDACIÓN BOTÍN CONVOCA 46 BOLSAS EN XESTIÓN DE MUSEOS, ARTES PLÁSTICAS E COMISARIADO DE EXPOSICIÓNS

22. 03. 09
As Bolsas de Artes Plásticas destínanse á formación e ao desenvolvemento de proxectos persoais e de investigación vinculados á creación artística.
 
Nesta edición, a Fundación Botín oferta seis bolsas dirixidas a artistas de calquera nacionalidade cunha duración de nove meses e unha dotación económica de 23.000 euros cada unha.
 
Unha delas se reserva a creadores/as españois ou residentes en España menores de 30 anos, que queiran trasladarse ao estranxeiro.
 
Un dos maiores atractivos é que os/as artistas teñen a oportunidade de mostrar os seus traballos no Centro Botín a través da mostra colectiva Itinerarios, que en 2022 celebra a súa 27ª edición.
 
Os artistas/as interesados/as teñen ata o próximo 6 de maio para enviar a súa solicitude
 
Bolsas de Comisariado de Exposicións e Xestión de Museos
Estas bolsas, abertas ata o 13 de maio, teñen o obxectivo de lograr unha capacitación profesional na teoría e as técnicas relacionadas coa xestión de museos e a organización de exposicións.
 
Concretamente, ofértase unha bolsa no estranxeiro cunha dotación de 18.000 euros. A iso súmanse ata 12.000 euros destinados ao abono da matrícula no centro de formación elixido.
 
A convocatoria diríxese a persoas tituladas españolas entre 22 e 40 anos de idade na área de Belas Artes, Historia da arte, Filosofía ou Literatura.
 
Tamén a profesionais da arte e quen poida demostrar a súa capacitación neste campo profesional.
 
 
Bolsas de estudos universitarios
Estas 39 bolsas, abertas ata o 31 de xullo, diríxense a estudantes cántabros con expediente académico brillante (nota media de 7 a 8,5) que vaian realizar estudos universitarios o próximo curso.
 
Poden ser de primeiro curso ou seguintes.
 
As axudas son por un período de 9 meses, renovables, e están dotadas con 1.800 euros para estudantes en Cantabria e 6.000 euros para estudos no resto de España.