ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA CONVOCA BOLSA DE FORMACIÓN PARA A XESTIÓN DE PROCESOS DE AVALIACIÓN E CALIDADE

22. 01. 19

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca unha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade (código de procedemento PR770P).

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa candidata seleccionada ao desempeño da bolsa na Escola Galega de Administración Pública, tal como se dispón na base décimo cuarta, e finalizarán o 31 de decembro de 2022.

O importe da bolsa será de 1.100 € brutos mensuais, que se farán efectivos, tras a certificación da Escola Galega de Administración Pública do bo aproveitamento da bolsa, polo importe líquido, tras realizar as retencións fiscais e sociais que lle correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa.

Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A cantidade percibida estará en función do número de días transcorridos desde a incorporación á bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220119/AnuncioO150-231221-0003_gl.pdf