CONVOCATORIA DAS BOLSAS "CULTUREX" DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN XESTIÓN CULTURAL

21. 06. 10

O obxecto destas bolsas é a formación práctica en xestión cultural e en institucións culturais de excelencia no exterior, e en representacións diplomáticas correspondentes ao ano 2021.

As solicitudes deberán presentarse exclusivamente a través da sede electrónica do Ministerio de Cultura e Deporte, para o que será necesario estar en posesión do oportuno certificado electrónico de persoa física.

Beneficiarios/as:
Mozos/as españois en formación práctica en xestión cultural.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte á publicación do presente extracto da convocatoria no "Boletín Oficial do Estado".

https://www.boe.es/boe/dias/2021/06/08/pdfs/BOE-B-2021-28769.pdf